Agustín Pérez Bellas
Agustín Pérez
Bellas, nado en 1925 en Vigo e finado en 1982, foi un arquitecto, debuxante,
pintor e escritor galego, influenciado por Goya y Daumier, graduouse en
Arquitectura en Madrid no ano 1954 e en 1955 fixo a primeira mostra de debuxos
na súa cidade. Logo o faría en Madrid, Milán, Santiago de Compostela,
Barcelona, Moscova, Lisboa, París, Roma e Suramérica.
Casou en 1959 coa
pintora Mercedes Ruibal Argibay e foi amigo de Rafael Alberti, Urbano Lugrís,
Diego de Giráldez, Laxeiro, …….. Ocasionalmente fixo crítica de arte en La Voz
de Galicia.
Hai exposta obra
súa no Museo Quiñones de León e no Museo de Belas Artes da Coruña e o seu
concello adicoulle o nome dunha rúa.
Postumamente, en
1996, Edicións do Castro publicoulle Mi silueta felina, libro de poemas e
relatos.
Comentarios
Publicar un comentario