Alfonso Vilar Lamelas
Alfonso Vilar
Lamelas, nado en Rouxique (Vilalonga, Sanxenxo) o 15 de setembro do 1927 e
finado en Pontevedra o 24 de xaneiro de 2011, foi un escultor galego.
Comezou a súa
andaina artística grazas a unha bolsa concedida pola Deputación de Pontevedra.
Na súa estadía en Santiago de Compostela foi alumno de Francisco Asorey. Tamén
estudou na Escola de Belas Artes de San Fernando en Madrid, coincidindo cos
escultores Juán Cristóbal e Enrique Pérez Comendador. Foi un dos promotores da
Escola de Canteiros de Poio. Aínda que destacou como escultor, sendo un dos máis
destacados na Galicia do século XX, tamén cultivou a pintura e outras formas de
expresión artística.
De estilo clásico,
realista e con trazos expresionistas, a súa escultura é unha mestura do
clasicismo rexionalista galego do século XIX, as vangardas dos anos trinta e as
tendencias escultóricas de posguerra aprendidas na súa etapa en Madrid da
década de 1950.
Ademais da
escultura funeraria tamén abordou os retratos e a temática mariñeira. As súas
numerosas obras públicas son un bo exemplo do seu traballo.
Nació el 19 de Septiembre
ResponderEliminarGran escultor mí padre !!
EliminarSi y
EliminarEstoy orgullosa de pertenecer a su familia tanto es así que a mi hijo le puse su nombre
ResponderEliminarMi mejor regalo de boda hace 46 años fue un busto que me regalo y a mi hijo la madama de silgar por su boda
ResponderEliminar