CONSTANTINO GRANDÍO LÓPEZ



Constantino Grandío López naceu en 1925 e faleceu en 1977, máis coñecido como Tino Grandío, foi un pintor que naceu no ano 1925 na parroquia de Lousada. Os seus primeiros estímulos recíbeos dun industrial parente seu, gran coleccionista de pintura e animador de empresas artísticas. Cunha pensión da Deputación Provincial de Lugo, instálase en Madrid e intégrase no grupo da Escola de Madrid que fomenta as tertulias do Café Gijón, onde a presenza do mozo galego é constante xunto con Díaz Caneja, Cristino Mallo e Francisco Arias, entre outros.

Foi un pintor moi premiado dende que era moi novo, xa que no ano 1944 obtivo o Provincial de Lugo, que repite nove anos máis tarde en escultura. Nas nacionais de Belas Artes escalou todos os postos: terceira medalla en 1959, segunda en 1961 e primeira en 1965. Foi tamén gran premio da Dirección Xeral de Belas Artes e da bolsa March, en 1965. Un ano despois foi gran premio e medalla de honra na primeira Bienal galega, galardón que repetiu en Marbella en 1971, logo de recibir o disputado premio Repesa en 1968, ata entón o mellor dotado economicamente de España, por unha interpretación libre da "Venus do espello" de Velázquez.

Comenzou a expor en 1957, cunha mostra que lle deu notoriedade, na Dirección Xeral de Belas Artes, en Madrid. Despois, as súas mostras sucedéronse en toda España e en París, Nova York, Suíza, Alemaña e Sudamérica. Foi designado socio de honra do Círculo de Belas Artes de Madrid. A súa obra figura no Museo de Arte Contemporánea de Madrid, en case todos os de España e en numerosos de Europa e América.

Nos comezos da súa etapa madrileña vestía atavío folclórico e sempre tocou a gaita, dedicación que consideraba inexcusable como fonte de inspiración. Debuxaba dun modo inclasificable. Algúns dos seus cadros, como o retrato do Xeneral Franco, por suposto que imaxinario, son xa historia da pintura contemporánea e da historia de España.

A pintura de Grandío é difícil de definir. Agás contadas excepcións, é case monocromático e abundan os grises con brancos e algún negro atenuado. As súas composicións de figuras con siluetas, apenas perfiladas, sobre as que mancha con materia moi tinguida, ocasinalmente grosa.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Pintores Vigueses.

Inauguración de la escultura del torso del Gran Duque de Alba, Fernando Álvarez de Toledo y Pimentel, en el palacio de Piedrahíta.

Diego de Giráldez