Luís Torras
Luís Torras
Martínez, nado en Vigo o 29 de decembro de 1912, é un pintor galego.
A obra de Torras
pode apreciarse, nunha exposición permanente, no segundo andar da Casa das
Artes.
Cursou estudos na
Escuela de San Fernando de Madrid. Na exposición rexional celebrada en Vigo, en
1960, obtivo accésit. Na Nacional de Belas Artes de 1962 foi galardoado coa
terceira medalla. No primeiro certame Unión Fenosa, foi distinguido coa
adquisición dunha paisaxe.
Torras fixo
escasísimas exposicións, algunhas en Vigo e outras cidades de España. Foi
obxecto dunha exposición antolóxica no Centro Cultural Caixavigo en 1985,
institución para a que fixo na na década dos sesenta, e tamén concorreu ás
Bienais de Pontevedra. A súa pintura atópase no Museo de Arte Contemporánea de
Madrid, na Casa das Artes de Vigo e nas máis importantes coleccións
institucionais e particulares.
Comezou nun
realismo figurativo e evolucionou a unha síntese de factura exquisita, do que a
mellor referencia podería ser Pancho Cossío, pola limpeza e xogo de luces dos
seus bodegóns, ata pasar a un paisaxismo de ascendencia "fauve". Os
elementos da natureza sintetízanse nas súas paisaxes. Foi tamén retratista.
Artista solitario e
lonxevo, afastado de cenáculos e certames, compaxinou a súa vocación pola
pintura coa milicia e o ensino na Escola de Artes e Oficios de Vigo.
Comentarios
Publicar un comentario