Manuel Coia
Manuel Coia Franco,
nado en Hio, Cangas, en 1940 e faleceu en Vigo no mes de xuño de 2017, foi escultor
galego/español que criouse nun ambiente mariñeiro, participou na vida do mar
activamente e coñeceu a súa dureza e aventura cotiá en barcos de pesca por
mares de todo o mundo.
A súa formación é
autodidacta. Quizais sentiu a escultura desde as formas caprichosas de raíces
emerxidas nas praias de Nerga, lugar onde residía, ou tallando a punta de
navalla un anaco de casco desprendido dunha dorna.
A madeira é a súa
materia habitual. Asistiu a certames colectivos como os da Praza da Princesa,
en Vigo, onde empezou a ser coñecido a principios dos setenta. Realizou
algunhas exposicións individuais en cidades de Galiza, España e o estranxeiro.
Residiu moito tempo
en Brasil, onde tomou contacto con outras concepcións da arte. Por fin volve a
Galiza para traballar en silencio e sorprender periodicamente, con obras que
son un berro, unha denuncia. As esculturas de Coia son pura síntese. Está
representado en museos de Pontevedra e Vigo, así como en importantes coleccións
particulares.
Comentarios
Publicar un comentario