Manuel García de Buciños
Manuel García
Vázquez, chamado Buciños, nado o 10 de decembro de 1938 en Buciños (Carballedo)
é un escultor galego. A vila de orixe deste escultor rematou por configurar o
seu nome ata o punto de ser coñecido polo citado topónimo, coma se realmente
fose o seu primeiro apelido.
Practicamente, toda
a súa obra realizouna en Ourense, vinculado ao grupo que auspiciou o escritor
Vicente Risco, e que reunía a novos artistas na taberna de Tucho, e que foi
denominado Os Artistiñas pola súa extrema mocidade.
Comezou traballando
a madeira, e inicialmente acusou influencias de Cristino Mallo e talvez de
Antón Failde Gago, onde aproveitaba as vetas para simular roupaxes e pregas.
Máis tarde traballaría o bronce e con frecuencia acudiu ás oquedades, a
imaxinarios «rotos» na morfoloxía das súas pezas, que vagamente o
identificarían con Henry Moore, aínda que quizais teña influencias de Julio González.
As curvas pronunciadas e os volumes a un tempo rotundos e suaves danlle á
escultura de Buciños unha moi definida personalidade.
Realizou numerosas
exposicións en España e no estranxeiro. Está representado en todos os museos de
Galiza e en numerosas institucións públicas e coleccións particulares. Os seus
monumentos, a personaxes históricos ou con afán puramente ornamental, abundan
nas cidades galegas. Habitualmente traballa formatos pequenos, aínda que tamén
ten practicado a monumentalidade.
Comentarios
Publicar un comentario